A Magdalena apta para o baño
Fecha Miércoles, 24 julio a las 13:14:54
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira informa de que a praia da Magdalena é apta para o baño, aseveración que se basea no resultado dunhas análises realizadas recientemente pola Consellería de Sanidade. Na mesma liña tamén se pronunciou a Consellería de Pesca, cuxas analíticas arroxaron resultados favorables para a extracción de berberechos. O Concello confirma, así mesmo, que a depuradora funciona con total normalidad e de forma óptima, cuestión que se certifica en base ás análises mencionadas con anterioridad. Desta forma, o Concello trata de restar toda credibilidade ás afirmacións realizadas de forma anónima a través de internet. Segundo os responsables municipais son "comentarios infundados e só poden conducir a crear unha alarma con nefastas consecuencias para o turismo da vila e, polo tanto, para a economía local".

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2182