Vergara dimite como Secretario da Agrupación Socialista da Vila
Fecha Domingo, 21 julio a las 14:16:49
Tema PHP-Nuke


"Este era un compromiso adquirido, e para min, o prometido é débeda". José Luís Vergara Rey, exalcalde de Cedeira e actual portavoz do PSOE da localidade presentou a súa dimisión como secretario xeral na última Comisión Executiva da Agrupación Local celebrada o pasado venres. A decisión hai que contextualizarla no compromiso que adquiriu en 2011 de concorrer como candidato por segunda e última vez ás eleccións municipais.
"Este era o momento de facelo, de pechar un capítulo, e fágoo con absoluta paz e unha enorme tristeza", sinalaba onte. Non será ata o próximo mes de setembro cando se elixa a nova executiva local da que "posiblemente?" sairá o próximo candidato á eleccións municipais de 2015. Segundo destacou Vergara, o cambio en Cedeira coincide cunha renovación do partido a nivel galego. "Os datos que manexamos fannos ter unha perspectiva electoral moi boa", incideu, "porque é o propio PP o que nos está facendo a campaña".
No caso concreto da vila pon o acento na contaminación da praia da Magdalena, a "suciedade" do río Condomiñas, e a peligrosidad da estrada AC-566, que será pavimentada "no canto de executarse un necesario novo trazado", moi demandado tamén polos veciños. Nesta lista de asignaturas pendentes non se esquece do centro de saúde "para o que o actual goberno aínda non puxo a disposición da Xunta os terreos para o seu ubicación" ou do polígono industrial da Trabe. "Fómosnos deixando cinco proxectos que arrincaban dos que hoxe sobreviven dous, e un con serias dificultades". Neste capítulo pon como exemplo o veciño municipio das Somozas, que "malia a crise ten en marcha sete novos proxectos para o seu parque empresarial" e recorda con nostalxia "cando a modernidad e a voz cantante levábaa Cedeira".



© 2013 - Diario de Ferrol


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2181