O mar , un ben público
Fecha Sábado, 20 julio a las 19:17:02
Tema PHP-Nuke


Que o mar siga sendo de todos, porque é un ben público. Son palabras do patrón maior da cofradía de pescadores de Cedeira, Agustín Pérez Pernas, para quen a mar é, ademais de reserva específica de pesca e marisqueo, o medio do que viven miles de galegos e que a famosa Carta de Cedeira intentou, alá polo ano 2000, erixir como bandeira da pesca tradicional e sostible de litoral fronte aos intereses doutros tipo de buques que nada tiñan nin teñen que ver con estes caladeros.

O sinalado por Agustín ratifica a idea de moitos outros marineros de Galicia que comproban como, para pescar o mesmo que pescaban o ano anterior, neste han de utilizar 30 pezas máis. De aquí, precisamente, a necesidade de que a Xunta administre adecuadamente as súas capacidades para decidir en torno á formulación da mesma Cedeira, anteriormente en Lira, e actualmente Celeiro, Burela, Muros, Noia e Fisterra, no sentido de que se lles dote do instrumento necesario para crear as súas propias reservas mariñas.

Nestas, non se pretende o incremento do número de pezas nos aparellos a utilizar, senón todo o contrario: reducilas.

O mesmo acontece co número de nasas, que se incrementan no medio centenar cada ano para, ao final, capturar o mesmo que un ano atrás lográbase con cincuenta menos.

Xa non hai onde meter tanto aparello, tanta nasa, a bordo das embarcacións, nin mar que soporte unha extracción sistemática abocada á destrución do medio. Esa carencia de espazo pode significar a perda de estabilidade dos barcos e poñer en perigo a vida dos seus tripulantes.

O que as reservas mariñas autoxestionadas custan ou poden custar á Xunta, esta afórrao en vidas humanas, en esforzo pesqueiro e, xa que logo, na sostenibilidade dun mar sobreexplotado pola coincidencia nas mesmas zonas de artes que respectan o medio e outras que se converten en verdadeiras máquinas de depredación.

Como tal ben público que é, a mar ha de ser respectada, coidada, consentida por todos. Como, desgraciadamente, isto non se leva a cabo, a creación de tales reservas mariñas nas que pescar dun modo responsable garante o futuro da substitución xeneracional nun sector que demanda novas actitudes. Tamén por parte da Administración e á marxe de altofalantes que critican desde o anonimato aos que as defenden.

Limk: OCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2180