APERTURA DO PRAZO
Fecha Viernes, 17 abril a las 10:22:05 Tema PHP-Nuke
APERTURA DO PRAZO PARA FORMAR PARTE DUNHA BOLSA PARA A CONTRATACIÓN
LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO LIMPADOR/A.
Aprobadas
por Xunta de Goberno Local de data 24 de marzo de 2009, ás “Bases
específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar
contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como
limpador/a” faise pública que a apertura do prazo de presentación de
instancias será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da
publicación do texto íntegro das bases e convocatoria no BOP. As
solicitudes presentaranse en modelo de instancia que se facilitará nas
oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia do D.N.I. , do
carnet de conducir B1, certificado de escolaridade xunto coa
docmentación acreditativa dos méritos alegados que deberán ser obxecto
de compulsa no Rexistro de entrada de docmentos, ata o día 6 de maio
de 2009, incluído.
Link: Concello de Cedeira
|
|