Concello de Cedeira - BOP
Fecha Jueves, 04 julio a las 12:16:15
Tema PHP-Nuke


EDICTO

Edicto de 10 de xuño de 2013 polo que se fai pública a efectos de notificación, relación de inicio do expediente administrativo sancionador.


De conformidade co disposto no art. 59.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE 27.11.92)- modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 14.01.99), notifícase á persoa que a continuación se relaciona, inicio de expediente instruído por infracción ás disposicións que así mesmo se sinalan.

O interesado dispoñen dun prazo de dez días, a contar do seguinte ao da publicación do presente edicto, para alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes para o seu defensa, a teor do establecido no artigo 194 do regulamento para desenvolvemento e execución da Lei de Costas, sinalándose que, si non presentan as citadas alegacións, este prego de cargos poderá ser considerado proposta de resolución (art. 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora). Así mesmo sinálaselle que poderán examinar o expediente que se atopa á súa disposición na DEMARCACIÓN DE COSTAS DE GALICIA, Rúa San Pedro de Mezonzo, 2 baixo, Esquina Avda. Finisterre- 15071- A Coruña, segundo o establecido no art. 84.2 da mencionada Lei de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento Administrativo Común.

Relación que se cita:

Vulneración do art. 33.5 da vixente Lei de Costas de 28 de xullo de 1988 (BOE de 29 de xullo de 1988, conduta tipificada como infracción administrativa no art. 90.i) da citada Lei e clasificada como grave polo seu artigo 91,2g), como consecuencia dun feito consistente en acampada o día 10 de agosto de 2012 ás 20:30 horas en zona de dominio público marítimo-terrestre no lugar denominado Praia da Magdalena, termo municipal de Cedeira - A Coruña.

Multa estimada en 60,10€

+info : preme aquí

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2177