Concello de Cedeira - BOP
Fecha Martes, 02 julio a las 08:46:09
Tema PHP-Nuke


Asunto: DELEGACIÓN DE FUNCIÓNS DA ALCALDÍA
Data decreto: 12/06/2013
Núm. Decreto: 192

Tendo previsto ausentarme do termo municipal dende o día 14 ata o día 18 de xuño de 2013 (ambos inclusive), e de conformidade co disposto no artigo 23.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; e no artigo 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO:

Primeiro.–Delegar as funcións de Alcaldía no 1.º tenente de alcalde, D. Alfredo Vilela Santalla, a fin de que substitúa na totalidade das citadas funcións.

Segundo.–Notificar a presente resolución ao interesado, así como publicala no Boletín Oficial da Provincia.

Así o ordena e dispón o Sr. alcalde, do que eu, secretario, dou fe.

Cedeira, 12/06/2013.
O alcalde O secretario xeral
Leopoldo Rubido Ramonde Manuel Larrosa Rodríguez

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2175