Concello de Cedeira - Nen@s
Fecha Viernes, 28 junio a las 12:17:12
Tema PHP-Nuke


Os máis pequenos da casa teñen unha cita cada mañá na Sala Áncora, na Praza do Sagrado Corazón de Cedeira. Alí, o Concello puxo en marcha esta semana a ludoteca municipal, pensada  para os nenos e nenas de tres a 11 anos. Durante as mañás dos meses de verán, dous monitores ofreceránlles unha programación de xogos didácticos. As actividades tamén se celebrarán ao aire libre, neste céntrico espazo. Así mesmo, o programa municipal ten custe cero para as familias e desenvolverase entre as 10 e as 14 horas ata a primeira semana de setembro. Con el, o Concello procura dous obxetivos. Dunha banda, ofrecer unha alternativa de ocio para os rapaces neste periodo de vacacións escolares e, ao mesmo tempo, plantear un ocio didáctico. En todo caso, dende o Concello lémbrase que o servizo non inclúe a custodia dos nenos que participen no mesmo.


©2013 - Concello de Cedeira


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2173