Concello de Cedeira - Cultura
Fecha Jueves, 27 junio a las 20:42:03
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, presidirá este sábado, 29 de xuño, a inauguración do Monumento á Música, obra de Bernardo Fernández. Dará comezo ás 20 horas na rúa Convento e será un acto aberto á cidadanía co que o Concello tamén quere recoñecer o talento creativo do autor da peza e agradecerlle moi especialmente que a crease co fin de donala ao patrimonio  municipal. A obra está realizada en mármol e recrea un arpa sobre un pedestal con elementos alusivos á música. Tras unhas palabras do alcalde, varios nenos descubrirán o monumento, así  como unha placa que lembre a autoría e cesión da peza. Dende o Concello, invítase a todos os veciños a acudir a esta cita o sábado, ás 20 horas.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2171