PP cedeira : IBI
Fecha Martes, 18 junio a las 19:31:34
Tema PHP-Nuke


Esta «proposta» ía na orde do día do último pleno como «modificación do IBI» para «equiparar» a carga impositiva do rural coa zona urbana, os populares de Rubido decidiron retirala e agora artellan un pleno municipal extraordinario monográfico sobre a «modificación» do Imposto sobre bens inmobles.

A falcatruada vai ser consumada esta cuarta feira, dia 19 con só ese punto na orde do dia. Este incremento inxustificado coa que esta a caer neste tempos de crise, paro e saqueo non é de recibo.  Como pode o PP cedeirense gabarse na prensa de aforrarlle a costas 20.000 euros nunha intervención de dubidosas legalidade na Praia da Magdalena namentres atraca aos veciños cun incremento impositivo cando prometía o contrario no programa electoral?. Como pode pretender equiparar nas cargas económicas aos veciños dun concello centralizado na súa vila, cando uns gozan de servizos que nas parroquias deben realizar eles mesmos ou pagar por poder telas, pozos de auga e traídas veciñais, fosas asépticas, sega voluntario de canos, beiras e camiños, recollida de lixo máis precaria, sen servizo de transporte. O IBI aumentará un 83% nas zonas rurais do noso concello.

©2013 - Fernando Igrexas - OLLAPARO


Link: OLLAPARO






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2160