Feijóo manterá os 500 metros
Fecha Jueves, 16 abril a las 18:40:33 Tema PHP-Nuke
O que previsiblemente será vindeiro presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, comprometeuse hoxe a que mentres o seu Goberno non teña
rematado o plan do litoral, "deixarán as cousas como están", cunha
moratoria da Lei urxente de medidas de protección do litoral, que
prohibe construir a menos de 500 metros da costa e que vence o vindeiro
17 de maio. "Mentres non fagamos o plan de litoral se deixarán as
cousas como están", explicou.
Feijóo defendeu hoxe no Parlamento as propostas plantexadas no seu
descurso de investidura e, no seu turno de réplica aos portavoces
parlamentarios, avanzou tamén a súa intención de contar no novo
organigrama do Goberno galego cunha Consellería de Innovación e da
Competitividade, na que estará integrado o Igape, que deixará de
depender da Consellería de Facenda. En canto á estructura do Goberno,
tamén revelou que a Secretaría Xeral de
O líder popular rexeitou as críticas de socialistas e nacionalistas
sobre a falla de concreción do seu descurso do pasado martes e recordou
que efectuou 174 propostas, das cales 104 foron no ámbito económico, 30
no das institucións e 40 no do benestar. Así, concluiu que se poden
calificar as iniciativas de boas ou malas, pero dicir que non houbo
propostas concretas interpretouno como un feito revelador de que os
portavoces de PSOE e BNG non leron o seu descurso.
Fronte ao ton institucional e comedido da primeira xornada, Feijóo
foi máis duro hoxe e dixo que o bipartito lle deixa en herencia unha
Galicia "moito peor" que a que recibiu hai catro anos. Ademáis, dixo
ter moi clara a súa ideoloxía, fronte ao que lle tiña acusado o
portavoz do BNG, Carlos Aymerich, e o do PSOE, Xaquín Fernández
Leiceaga, ao que botou en cara o seu pasada nacionalista. "Eu sempre
estiven no mesmo partido, vostede non", espetoulle.
Nesa liña de maior confrontación cos grupos que conformarán a
oposición, o líder popular botoulles en cara a súa división cando
formaban parte do Goberno e recordou declaracións de destacados
dirixentes socialistas nas que aseguraban que se equivocaron na súa
relación cos nacionalistas. Así, Feijóo dixo esperar que todos
aprenderan destas eleccións que o pobo galego non quería un goberno
dividido e menos dous Executivos enfrontados.
En canto á súa anunciada intención de revisar o concurso eólico,
volveu a traer a colación unhas declaracións do PSOE, neste caso do
presidente en funcións, Emilio Pérez Touriño, para asegurar que o que
ten pensado facer é precisamente o mesmo que faría o propio Touriño:
revisar que o proceso se axuste á legalidade e defender os intereses de
Galicia.
Por outra banda, reafirmouse de novo na súa intención de non
derrubar o bo feito polos seus antecesores e non volver a tempos
pretéritos "sempre imperfectos", aínda que tamén se dixo orgulloso do
ex presidente Manuel Fraga. En todo caso, quixo deixar claro que hoxe
viña a falar do futuro e non do pasado e concluiu a súa intervención
ofrecendo catro grandes pactos de país a socialistas e nacionalistas:
polo financiamento autonómico, polo emprego, polo novo Estatuto e pola
lingua. Link: XORONLine
|
|