600.000 euros !!!!!
Fecha Miércoles, 12 junio a las 19:25:57 Tema PHP-Nuke
Operarios da empresa Tragsa teñen previsto iniciar hoxe os traballos de
acondicionamiento da praia da Magdalena, en Cedeira, cara ao comezo da
tempada estival. Costas financia as obras, que se executan cada ano por
estas datas, dada a acumulación de area que se produce ao longo do
inverno. Este departamento, dependente do Ministerio Medio Ambiente,
traballa na redacción dun proxecto que palíe esta situación, indicou o
portavoz do goberno local, o popular Luís Rubido. A intervención tería
un custo aproximado de 600.000 euros e se acometería con carácter «de
urxencia», abundou o responsable municipal.
A oposición denunciou en reiteradas ocasións «o perigo» que entrañan os
noiros de area que se forman nalgunhas zonas do areal (este ano máis
elevados dada a virulencia dos temporais). De feito, antes de Semana
Santa, o Concello rebaixou o desnivel para evitar riscos para os
paseantes.
Link VONLine
|
|