INLOGIC
Fecha Lunes, 10 junio a las 20:47:46
Tema PHP-Nuke


Inlogic celebran os seus 10 anos como banda en Radio 3. Este luns 10 de xuño visitan Disco grande e, antes, podes ver o seu novo videoclip, "Hippie song", que estrea en exclusiva a  web da RTVE.

O vídeo está gravado en Cedeira (A Coruña) e composto na súa maioría por imaxes estáticas con paisaxes naturais e animais como protagonistas. O resultado é un armonioso compañeiro visual para esta canción titulada "Hippie song" e realizado por Tithily Films.

O tema forma parte de Vasijas, o cuarto disco na carreira de Inlogic. O disco forxouse durante máis de dous anos de traballo no local e outros tres meses no estudo.

Así, o quinteto deu forma ás doce cancións que compoñen Vasijas, un álbum que se editou o 1 de abril e que completa a discografía do grupo tras Inlogic (2007), Outside the show (2009) e Points of view (2011)


© 2013 - RTVE
Ver video : preme aquí


Link: RTVEONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2155