Encontro de Maiores
Fecha Jueves, 16 abril a las 10:31:13
Tema PHP-Nuke


Máis de medio milleiro de persoas déronse cita o ano pasado na primeira edición do Encontro de Maiores de Ortegal, que se celebrou en Cariño. Este ano encárgase da organización da cita o Concello de Cedeira, a través da área de Servizos Sociais, confiando en superar a cifra de asistencia acadada na primera edición do encontro, que reúne ás persoas maiores das vilas do Ortegal, Mañón, Cariño, Ortigueira e Cerdido, ademáis do concello cedeirés, que este ano fai de anfitrión.


© 2009 - Diario de Ferrol




A festa desta edición terá lugar o vindeiro sábado 31 de maio e está previsto que se desenvolva nas inmediacións do paseo marítimo, tal e como explicou onte a concelleira de Servizos Sociais, Manuela López Rodríguez, quen se mostrou confiada en que a cita teña o mesmo éxito de convocatoria que o ano pasado en Cariño e animou a tódalas persoas maiores destes municipos a participar. Para elo so terán que poñerse en contacto coas concellerías de Servizos Sociais dos seus concellos. Do mesmo xeito que ocorreu en 2008, ademáis de degustar un menú composto por varios entrantes, churrasco, postre, viño e café -que custa 11 euros- e bailar ó son da música, repartiranse agasallos a o matrimonio más lonxevo que asista á cita e á persoa de máis idade.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=215