Concello de Cedeira - GalEco
Fecha Viernes, 07 junio a las 13:09:12
Tema PHP-Nuke


GalEco, a primeira Feira das Enerxías Renovables de Cedeira promovida polo Concello, incluirá esta fin de semana a Feira do Sol, unha experiencia lúdica a pé de rúa encamiñada a redescubrir a aportación do sol á vida cotiá, así como os seus usos e aplicación para proporcionarnos enerxía. Pero, ¿que poderemos atopar nela? Dende cociñas solares a mini-bicis, caixas de cartón reconvertidas en fornos, a biblio-sol e un sinfín de inxenios. Un equipo de monitores amosará ao  público asistente as ventaxas de recurrir a unha das fontes renovables máis viables no futuro, cuxo uso doméstico e industrial contribuirá a reducir  significativamente a dependencia actual dos combustibles tradicionais. Unha fonte enerxética respetuosa co medio ambiente e que axuda a rebaixar a factura eléctrica tras un investimento inicial rapidamente amortizable. ¿Usos a nivel doméstico? Os sistemas solares que actualmente se comercializan no mercado permítennos dende a producción de auga quente sanitaria ata o alumeado de exteriores, xardíns ou camiños públicos, pasando pola posibilidade de dotar de calefacción á vivenda ou incluso cociñar os nosos alimentos. GalEco descubrirá todas e cada unha das súas funcionalidades, dun modo ameno e práctico, a persoas de calquer idade. Será na Feira do Sol. Neste senso, o concelleiro de Desenvolvemento Económico, Luis Rubido, lembrou que GalEco abrirá os seus stands expositores este sábado a partires das 11 horas. O horario extenderáse pola mañá ata as 14 horas, para retomar a actividade pola tarde de 16 a 20  horas. Idéntico guión, o domingo. Diferentes firmas e asociacións estarán presentes na Feira de Cedeira, no paseo que discurre entre a ponte vella e a nova, en pleno casco histórico da vila. Alí  amosarán as ventaxas do uso doméstico e industrial das fontes de enerxía renovables. Promace, a asociación de Productores de Madeira de Cedeira, entidade  integrada por máis de 600 propietarios de montes da localidade e de Valdoviño; o operador luso BSL; Auténtica Generación Distribuida CyL, promotora da pranta  de coxeneración de biomasa forestal que comezará a súa actividade no polígono da Trabe; Tuimil, Electric City Motor00 e Renault presentando vehículos  eléctricos de todo tipo alternativos ao turismo tradicional; Grupo Austen coas súas solucións intelixentes para a xestión do alumeado ou a agricultura; Sotavento e a súa experiencia na producción de enerxía eólica… serán algunhas das empresas que tomen parte no  evento.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2149