Concello de Cedeira - GalEco
Fecha Martes, 04 junio a las 20:19:18
Tema PHP-Nuke


O público que visite esta fin de semana GalEco, a primeira edición da Feira das Enerxías Renovables de Cedeira, poderá coñecer de primeira man as últimas  novidades do mercado de vehículos eléctricos. Será posible no stand que rexentará Electric City Motor00, unha firma española que hai uns meses inauguraba  franquicia na comarca. Concretamente, na localidade de Fene. Dispón dunha ampla gama de vehículos: dende motocicletas ata turismos, pasando por bicicletas,  todoterreos ou vehículos para persoas con mobilidade reducida.


© 2013 - Concello de Cedeira


Algúns deles poderán verse en GalEco, a exposición do público. E, todos, con tres rasgos  comúns: cero emisións, cero ruídos e cero mantenemento. O sector dos coches eléctricos atópase en pleno proceso de crecemento e das súas ventaxas para  particulares e empresas daráse conta en GalEco, a feira sobre enerxías renovables que organiza o Concello os días 8 e 9 de xuño na Avenida da Marina, en pleno  centro histórico. Como avance, destacar as ventaxas económicas e ecolóxicas. Neste senso, a compra dos vehículos eléctricos supón un desembolso inicial maior  respeto aos tradicionais, pero amortizable en moi pouco tempo, xa que non utilizan combustible, con prezos en continua escalada. Derivado disto, o seu nivel de emisións de C02 é nulo, ao tempo que evitan a contaminación acústica e, un e outro factor, contribúen ao coidado do medio ambiente. Así mesmo, existen  axudas públicas para a súa adquisición. En números e a modo de exemplo do anterior, significar que recargar unha motocicleta para unha autonomía de cen  quilómetros supón un custe dun euro. Neste contexto, os vehículos eléctricos compartirán espazo en GalEco con outras firmas que amosarán en distintos campos as ventaxas económicas e, sobre todo medioambientais, de recurrir a fontes de enerxía renovables no día a día. Será este fin de semana, sábado e domingo en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas). Unha cita aberta a todo o mundo.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2147