Queimas
Fecha Domingo, 02 junio a las 20:43:08
Tema PHP-Nuke


Funcionarios do grupo de investigación de incendios da Xefatura Provincial da Coruña, en colaboración co persoal do Distrito Forestal I de Ferrol, tramitaron dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Ortigueira por un delito de incendio forestal por parte dun veciño de Cedeira.

O lume que se lle imputa tivo lugar o pasado luns, 27 de maio, como consecuencia dunha queima imprudente de restos de eucalipto amoreados. O imputado realizou a quéima só e sen manter as medidas de seguridade preceptivas, ocasionando que as lapas se propagasen por uns terreos lindantes. O lume afectou a 800 metros cadrados de arbolado e 100 de raso, non chegando a máis pola rápida actuación dos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia.

Link: AGROINFOOnline






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2145