Concello de Cedeira - Regata Rias Altas
Fecha Martes, 28 mayo a las 13:27:53
Tema PHP-Nuke


Cedeira volverá a recibir unha das probas máis carismáticas e tradicionais de toda a Península no que a vela de cruceiros se refire: a Regata das Rías Altas El Corte Inglés, que cumpre este ano o seu corenta aniversaio e que pretende convertirse en toda unha referencia a nivel nacional e internacional. A este efecto  reuníronse na casa consistorial o alcalde, Leopoldo Rubido, e o concelleiro de Deportes, Pablo Nebril, cos responsables deportivos do evento que organiza o Real Club Náutico de A Coruña, Manuel Pedro Seoane, Francisco Souto e Alberto Bolívar, quenes trasmitiron ao rexidor a profunda satisfacción do propio Clube e dos participantes por regresar a Cedeira e, máis se cabe, nun ano tan sinalado. A Regata Rías Altas El Corte Inglés celebraráse entre os días 25 e 28 de xullo e terá por bases os portos da Coruña, Laxe, Sada e Cedeira.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2136