Concello de Cedeira - Emprego
Fecha Miércoles, 22 mayo a las 12:20:26
Tema PHP-Nuke


Por segundo ano consecutivo, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, formada polos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño, organiza unha Xornada sobre as posibilidades e desafíos das novas tecnoloxías en relación co emprego

Nesta edición, o encontro analizará as ferramentas e sistemas de traballo que poden contribuír ao aforro das empresas, tanto en termos económicos como medioambientais, e desta maneira favorecer o emprego e o emprendemento. Teletraballo, coworking, software libre… son conceptos que van estendéndose no mercado laboral e na xestión empresarial e dos que precisamos coñecer as súas vantaxes tanto como os seus límites e desafíos. Esta xornada desenvolverase o xoves 30 de maio no Centro Sociocultural Novacaixagalicia de Ferrol, en horario de mañá e tarde. Os interesados poden consultar o programa e inscribirse na web www.xornadaemprego.com. A inscrición é gratuita e proporcionarase certificado de asistencia. Esta actividade realízase coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2133