Concello de Cedeira - DOGA
Fecha Martes, 21 mayo a las 12:01:04
Tema PHP-Nuke


Consellería do Medio Rural e do Mar RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato das obras da nova lonxa no porto pesqueiro de Cedeira (A Coruña), actuación cofinanciada dentro da medida 3.3 do programa operativo do Fondo Europeo de Pesca nun 61 % (expediente 2011-14-514).
En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:


1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar. 2. Obxecto do contrato. a) Tipo: administrativo, de obras. b) Descrición do obxecto: realización das obras de nova lonxa no porto pesqueiro de Cedeira (A Coruña), actuación cofinanciada dentro da medida 3.3 do programa operativo do Fondo Europeo de Pesca nun 61 %. c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16618 d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 166, do 31 de agosto de 2011. e) División por lotes e número: non. 3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada. 4. Orzamento base de licitación. Valor estimado: 1.826.679,08 euros. Importe neto: 1.826.679,08 euros; importe total: 2.155.481,31euros (IVE ao 18 %). 5. Adxudicación e formalización do contrato. a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2012. b) Adxudicataria: Dragados, S.A. (NIF: A15139314). c) Importe: 1.500.861,62 euros (IVE incluído do 18 %). d) Data de formalización do contrato: 8.6.2012. e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, xa que foi a que obtivo a máxima puntuación de acordo cos criterios de valoración contidos no prego de cláusulas administrativas particulares. Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013 P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar
Link: DOGAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2131