Ruta BTT Terras de Cedeira
Fecha Lunes, 20 mayo a las 19:24:25
Tema PHP-Nuke


A vila acollerá a terceira edición da Ruta BTT Terras de Cedeira, organizada polo Club Ciclista Punta Candieira co patrocinio do Concello. Será o día 26 deste mes, on punto de partida nas instalacións que a entidade deportiva ten xunto ao campo de fútbol municipal. A marcha iniciaráse en torno ás 9. Pero antes, deberán formalizar a súa inscripción. Así, as persoas que estean interesadas en tomar parte na proba, deberán anotarse nas instalacións comerciais de Decathlon e facendo o ingreso na conta do club ou en candieiracedeira@gmail.com ou no móvil 620 989 459. A cuota de inscripción é de 10 euros para federados e 22 para aqueles que non o estén. Hai dúas rutas, de longa e curta distancia de 35 e 50 quilómetros respectivamente, e a dificultade é medio-alta. Sen dúbida, un dos principais atractivos da marcha é que apenas se circula por asfalto e que permitirá apreciar vistas espectaculares. Entre outros puntos, discorrerá pola Serra da Capelada ou o entorno da ermida de San Antonio. Trátase da terceira edición dunha marcha que en anos pasados acadaba xa un éxito notable. É por isto que o clube ciclista local confía en reeditar os rexistros de participación de edicións anteriores.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2129