Concello de Cedeira - Cultura
Fecha Jueves, 16 mayo a las 19:56:52
Tema PHP-Nuke


O Auditorio Municipal acollerá este sábado, 11 de maio, a representación da peza teatral “As herdeiras do Sol”, a cargo da compañía Quemaisten Teatro. A función dará comezo ás 20 horas e o prezo das entradas é de 2,5 euros. Baixo a dirección de Xosé Bonome, “As herdeiras do Sol” é unha peza ambientada nos comezos da Transición política española. Narra a vida dunha familia formada por Dona Laura e Dona Clara, dúas irmás anciás que, invocando graves cuestións de moralidade ou conveniencias individuais, coartan a liberdade de dúas mozas, Lolita e Elenita, as súas sobriñas, ata provocar a destrucción das mesmas. Nas herdeiras do Sol, as personaxes representan nas súas aventuras individuais as peripecias dunha sociedade española na busca da súa propia identidade.


© 2013 - Concello de Cedeira


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2126