Concello de Cedeira - GalEco
Fecha Jueves, 16 mayo a las 19:54:46
Tema PHP-Nuke








© 2013 - Concello de Cedeira

Cedeira será sede da primeira edición de GalEco, unha Galería aberta ao mundo da Ecoloxía e, máis concretamente, das Enerxías Renovables. Organizada polo Concello, celebraráse o sábado 8 e o domingo 9 de xuño na vila. A avenida da Marina, no tramo que discorre entre as pontes vella e nova, albergará a cita en  horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas). Neste senso, o concelleiro de Desenvolvemento Local, Luis Rubido, explica que a feira nace cun obxetivo moi claro: fomentar o uso das enerxías renovables a nivel doméstico, dando a coñecer os sistemas que veciños e veciñas teñen ao seu  alcance, explicando o seu funcionamento e informando dos seus beneficios, tanto de carácter medioambiental como económico. Para isto, firmas comerciais  especializadas amosarán ao público todo tipo de productos, dende placas solares para abastecer de enerxía a vivenda ata cociñas e caldeiras de biomasa.


O  catálogo completaráse con obradoiros prácticos, aglutinados en torno ao que se ten denominado a Feira do Sol, onde os asistentes poderán comprobar in situ o seu funcionamento. Outro dos puntos fortes de GalEco será a tecnoloxía smart, enfocada a particulares e administracións públicas. A firma Grupo Austen, especializada en wireless sensor networks, dará a coñecer Siega System e SiLamp, dúas ferramentas de eficiencia enerxética con múltiples aplicación no campo da agricultura, o alumeado público ou a xestión de residuos. Unha tecnoloxía que funciona con éxito na smartcity de Santander. E unhas ferramentas con sello  ferrolán que permiten xestionar a través do móbil ou o ordeador dende o control de rego en cultivos ou xardíns ata o acendido e apagado programado de puntos de luz. Neste contexto, Luis Rubido asegura que GalEco nace con vocación de continuidade e con ganas de reeditar a cita en próximos anos, ampliando e  mellorando a súa oferta. E é que GalEco nace do compromiso do goberno local coas enerxías renovables. Compromiso que ten acompañado á xestión municipal. Así, as actuacións máis recentes nesta materia teñen permitido levar a cabo a instalación de paneles solares no pavillón polideportivo municipal para a producción de auga quente para a piscina climatizada ou a sustitución da caldeira de gasoil por unha de biomasa na escola infantil municipal, así como a paulatina renovación das luminarias por outras de baixo consumo. Con esta Galería aberta ás enerxías renovables, o goberno local de Cedeira dá un paso adiante e, á par que traballa para que a Administración local sexa un exemplo nesta materia, busca a implicación dos veciños para lograr que o uso de sistemas de eficiencia enerxética se  convirta nunha realidade. Con ventaxas para o medio ambiente, pero tamén para a economía doméstica, posto que a inversión inicial, co prezo das fontes de enerxía tradicionais en continua subida, lógrase amortizar nun periodo de tempo máis que razoable.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2125