Concello de Cedeira - BOP
Fecha Martes, 14 mayo a las 12:29:34
Tema PHP-Nuke


Delegación funcións da Alcaldía

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Data decreto: 24/04/2013
Núm. Decreto: 130

Tendo previsto ausentarme do termo municipal dende o día 26 de abril de 2013 ata o día 2 de maio de 2013 (ambos inclusive), e de conformidade co disposto no artigo 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; e no artigo 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO:

Primeiro.- Delegar as funcións de Alcaldía no 1º tenente de alcalde, D. Alfredo Vilela Santalla, a fin de que substitúa na totalidade das citadas funcións.

Segundo.- Notificar a presente Resolución ao interesado, así como publicala no Boletín Oficial da Provincia.

Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde, do que eu, secretario, dou fe.

Cedeira, 24/04/2013
O alcalde, O secretario xeral,
Leopoldo Rubido Ramonde Manuel Larrosa Rodríguez

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2120