Concello de Cedeira - Servizos
Fecha Lunes, 13 mayo a las 12:22:57
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira informa aos veciños de que teñen á súa disposición un número de teléfono para solicitar a recollida gratuíta de residuos voluminosos porta a porta. Un teléfono, o 605 02 88 92, no que poden deixar os seus avisos durante toda a semana. Deste xeito, os operarios do Servizo de Limpeza programan o percorrido que realizarán cada venres e proceden á retirada dos enseres, que previamente, o xoves, os veciños deben ter depositado xunto ao colector máis próximo á vivenda. Os residuos voluminosos trasládanse así ao Punto Limpo Municipal, ubicado no polígono da Xunqueira. Entre outros enseres, os veciños poden desprenderse a través deste servizo de madeira, entullos, plásticos, electrodomésticos, mobles, ordeadores… Así mesmo, teñen á súa disposición as instalacións do propio Punto Limpo, abertas ao público os mércores de 15,30 a 19,30 e os sábados de 10 a 14 horas. Alí, a maiores, poden depositar pilas, pinturas, aceite  usado, tubos de iluminación… Sen un límite nas entregas, o servizo é tamén gratuíto para os veciños empadroados na vila.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2119