Mar
Fecha Domingo, 21 abril a las 13:09:33
Tema PHP-Nuke


O barco galego 'Inmaculada II', con base no porto de Cedeira, quedou varado na bocana do porto de Santoña cando saía do peirao con intención a faenar merluza. Ningún dos nove tripulantes resultou ferido e puideron abandonar sen dificultade a embarcación, pese a que pouco despois quedou escorado sobre unha banda. Persoal de Cruz Vermella do Mar acudiu ao porto santoñés para atender á tripulación, que quedou aloxado na Cofradía.

Ao parecer, o patrón do barco abriuse moito na manobra de saída para evitar outras embarcacións e encallou contra un areal. Varios barcos locais trataron de axudarlle, pero resultou imposible sacarlle do baxío. Onte á noite estaba á espera dun barco de Salvamento para decidir como reflotalo.


© 2013 - El Diario Montañés


Link: El Diario Montañés






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2117