Concello de Cedeira - Polígono A Trabe
Fecha Viernes, 12 abril a las 08:45:00
Tema PHP-Nuke


A empresa AGD CyL S.L. prevé a entrada en funcionamento da central de cogeneración instalada no polígono industrial da Trave, en Cedeira, no último trimestre deste ano. A planta utilizará biomasa forestal como materia prima e producirá 1,2 megavatios de electricidade, que venderán á rede, e outros 4 megavatios térmicos. A firma xa alcanzou preacuerdos con varias madereras e asociacións de productores da zona para a compra da biomasa que abastecerá a central.

Fontes da compañía aseguran que a planta consumirá ao redor de 16.000 toneladas anuais, «en forma de leñas, na súa maioría, previamente astilladas e secadas». Pero non é esta a única actividade que desempeñará a compañía no parque empresarial de Cedeira. Durante o primeiro trimestre de 2014, AGD CyL pretende poñer en funcionamento unha planta peletizadora que, explican, «aproveitando os 4 megavatios térmicos xerados na primeira nave, producirá pellets En-Plus, os de maior grado de esixencia dentro do mercado europeo». A produción destinarase á exportación a países do norte de Europa, a través do porto de Ferrol, e tamén se comercializará dentro do mercado nacional. O volume global de pellets barallado ascende a 40.000 toneladas ao ano, o que requirirá o emprego dunhas 56.000 toneladas anuais de madeira, tanto de eucalipto como de piñeiro.

En canto ao persoal, desde AGD CyL aseguran que estará composta por 21 operarios, que traballarán en quendas de mañá, tarde e noite, para garantir unha produción continua durante os 365 días do ano.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2114