Concello de Cedeira - Cultura
Fecha Jueves, 11 abril a las 17:47:19
Tema PHP-Nuke


O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este sábado, 13 de abril, o Concerto de Primavera, promovido pola Banda de Música Vila de Cedeira coa colaboración do Concello. Dará comezo ás 18 horas con entrada libre e gratuíta e, no mesmo, participarán a Banda de Música de Vilalba, a Banda de Música de Boiro e, pechando o recital, a formación local. As orixes da Banda de Música Vila de Cedeira remóntanse ao 1992, cando se chega a un acordo co Concello para unir esforzos en  torno a un proxecto de impartición de clases musicais co obxectivo final de formar unha banda de música. No ano 1993 este proxecto faise realidade comezando  as clases e, dous anos despois, ten lugar a presentación da actual banda de música. Tras estar asociados durante este período á Asociación Cultural Robaleira, no  ano 2001 a Banda de Música “Vila de Cedeira” consolídase como asociación independente, sendo o seu director titular e fundador P. Montesinos. Durante os seguintes anos, a banda desenvolve a súa actividade cultural tanto dentro da Comunidade Autónoma de Galicia como fóra dela e graba o seu primeiro CD no ano 2005. No 2008, cambia a dirección da banda pasando a ser o seu director titular Vicente Castro Corral. Na actualidade, a banda está desenvolvendo un proxecto ambicioso e con futuro.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2113