Concello de Cedeira - Enerxías renovables
Fecha Jueves, 11 abril a las 17:44:32
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira ultima os preparativos do que será a primeira feira sectorial de enerxías renovables da vila. Unha iniciativa, suscitada xa o pasado ano pola administración local, que finalmente levarase a cabo o próximo de mes de maio -ou primeira quincena de xuño- no casco histórico da localidade cunha formulación máis modesta do pensado nun principio -estaba previsto que se situase no polígono industrial da Trabe e con carácter autonómico-.

Segundo avanzou o portavoz municipal, Luís Rubido, ata agora só está contratada a Feira do Sol, unha exposición informativa na que se divulgarán os beneficios e usos da enerxía solar no ámbito doméstico. A administración local traballa agora en pechar a presenza de diferentes "stands" nos que se darán a coñecer os equipos actualmente no mercado, facilitando así a implantación de enerxías renovables nos fogares, con especial incidencia da biomasa. O obxectivo non é outro que o de promocionar o uso doméstico destes sistemas entre os veciños.

A cita que levará o nome de "Galeco" nace así con vocación de consolidarse e crecer en anos sucesivos, tendo en conta que como indicou Luís Rubido, "o orzamento limitounos moito esta vez". A intención do Concello é solicitar agora o apoio de comerciantes e hosteleros da zona para impulsar a organización do evento.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2111