Concello de Cedeira - Servizos Sociais
Fecha Martes, 09 abril a las 23:58:20 Tema PHP-Nuke
O Concello de Cedeira informa ás familias da localidade con fillos
menores de tres anos da apertura da convocatoria das prestacións
económicas para o ano 2013 que leva a cabo a Consellería de Traballo e
Benestar Social da Xunta de Galicia.
Estas subvencións consisten nun
pagamento único de 360 euros por neno e poden tramitarse a través do
Departamento Municipal de Servizos Sociais da localidade, ubicado na
terceira pranta do Auditorio. O horario é de 10 a 13 horas de luns a
venres.
O departamento de Servizos Sociais explica que poderán acceder
ás axudas todas as familias con fillos nados entre o 2 de xaneiro de
2010 e o 1 de xaneiro de 2013 nas que, durante o 2011, ningún membro
estivese obrigado a presentar declaración da renda nese periodo.
Unha
axuda especialmente importante nestes momentos de crise económica.
Deste xeito, as familias interesadas poden recabar máis información ou
iniciar a tramitación a través do Concello.
O prazo conclúe o vindeiro
11 de maio.
Link: Concello de Cedeira
|
|