Empresarios e promotores
Fecha Miércoles, 15 abril a las 09:48:58
Tema PHP-Nuke


Empresarios e promotores critican o bipartito e aplauden a Núñez Feijoo Fontenla, da CEG, di que a franxa de 500 metros "non protexe nada" e pide revisar as Normas do Hábitat. Os construtores defenden a edificación de vivendas turísticas para saír da crise.

O presidente da Confederación de Empresarios (CEG), Antonio Fontenla, considerou excesiva a proposta da conselleira de Política Territorial en funcións, María Xosé Caride, de manter a actual protección no 80% do solo urbanizábel e urbano non consolidado situado na franxa dos 500 metros do litoral galego logo de "dous anos de paralización".

Fontenla afirmou que é necesario coidar a costa, aínda que matizou que "de aí a que non se poida construír hai un amplo abano de posibilidades". Así sinalou que nalgunhas ocasións esa franxa de 500 metros "non protexe nada". "Trátase de protexer o que paga a pena preservar", engadiu en declaracións a Europa Press.

Tamén, logo dun encontro con xornalistas en Lugo promovido polo Colexio Profesional de Xornalistas, o presidente da CEG defendeu a revisión das Normas do Hábitat, normativa elaborada hai un ano pola Consellaría de Vivenda. "Entendo que ás veces se pasaron, sen darse de conta de que todas as normas restritivas inciden no comprador de vivendas", declarou.

Fontenla anunciou que se reunirán co candidato á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o luns. Ademais, manifestou sentirse "encantado" por que non se producise unha fusión entre as dúas caixas de aforros do país, e celebrou que o novo titular do Ministerio de Fomento sexa galego.

"A construción, motor económico galego"

Pola súa banda, Xavier Garrido, presidente da Federación de Promotores (Feproga) e da Asociación de Promotores Inmobiliarios (Aproin), aplaudiu que Núñez Feijoo lle dea prioridade á ordenación territorial, á que aludiu na primeira xornada da sesión de investidura, este martes.

"O que había que facer era ordenar o litoral e non paralizar as licenzas", aseverou en referencia ao Goberno saínte. Garrido, ao igual que Fontenla, criticou a proposta formulada pola titular de Política Territorial. "É paradoxal que alguén para o que non foi prioritaria a ordenación do litoral deixe consellos ao que vén despois", manifestou.

Garrido Valenzuela apuntou ao potencial do litoral do noso país como "foco de atractivo turístico", creación de "riqueza e emprego". É o caso, dixo, dunha rexión con características similares ás galegas "e que poñen sempre como exemplo os ecoloxistas", a Bretaña. "Teñen 70 mil prazas de atraque nos seus peiraos, mentres que en Galiza só hai oito mil", afirmou.

Neste senso, defendeu que a construción de vivenda residencial e turística "poden converterse nun motor de crecemento económico en Galiza". "Aquí non hai problemas de stock ou de grandes obras con miles de vivendas paralizadas", indicou en alusión ao que ocorre en zonas do Estado. "Temos unha capacidade de recuperación máis inmediata, sobre todo se imos da man das dúas caixas", considerou.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=211