Concello de Cedeira - BOP
Fecha Miércoles, 10 abril a las 00:49:18
Tema PHP-Nuke


Aprobación inicial creación sede electrónica y delegación

ANUNCIO


Creación da sede electrónica do Concello de Cedeira e delegación da xestión e administración

Ós efectos previstos no artigo 60.1 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, faise público que o pleno do concello de Cedeira en sesión do 27 de marzo de 2013 acordou:

ACORDO PARA A CREACIÓN E DELEGACIÓN DA XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE CEDEIRA

1. A creación da sede electrónica do concello de Cedeira, de titularidade municipal, cuxo enderezo electrónico de referencia será: sede.cedeira.dicoruna.es configurándose como unha subsede da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña (sede.dicoruna.es) e que estará accesible para a cidadanía directamente a través do seu enderezo ou a través do enderezo desta última.

2. A delegación da xestión e administración da sede electrónica municipal e para tal fin, a adhesión ao convenio marco de colaboración aprobado pola Deputación Provincial da Coruña para a utilización compartida da súa sede electrónica.

3. Realizar todas as actuacións que resulten necesarias no ámbito das competencias municipais para dar cumprimento aos compromisos asumidos no devandito convenio e, en particular, adoptar o acordo de encomenda de xestión entre o concello e a Deputación Provincial da Coruña para tramitar as solicitudes de certificados electrónicos de empregado público, selo e sede electrónica, que resulta necesario para a aplicación do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

4.Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia.

Cedeira, 01 de abril de 2013
O Alcalde Accidental,
Alfredo Vilela Santalla

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2106