A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA, con motivo
do dia da República, realizará unha
ofrenda floral no monumento que recorda aos presos asturianos do campo de
concentración de Cedeira, na praza da REVOLTA.
Non só
recordaremos aos presos asturianos, senón que tamén aproveitaremos para honrar
a cantos foron represaliados, en Cedeira e no conxunto do estado, por mor das
súas ideas ou da súa adscripción política ou sindical, naqueles tempos aciagos
de terror golpìsta.
A Asociación da Memoria Histórica Democrática realiza
este acto para compartir con tod@s @s demócartas de Cedeira e bisbarra un sentemento unitario de paz
e confianza nun futuro.
HOXE, RECORDAR
Á REPÚBLICA E A QUENES A QUIXERON E A DEFENDERON, É APOSTAR POLO FUTURO EN
DEMOCRACIA, LIBERTADE E PROGRESO.
ÁS 12 DA MAÑÁN
DO PRÓXIMO DOMINGO, DIA 14, NA PRAZA DA REVOLTA, OS DEMÓCRATAS ESTAREMOS RECORDANDO Á REPÚBLICA E A CANTOS A VOTARON, A
DEFENDERON E A AMARON.
Link: AMHD