Concello de Cedeira - Emprego
Fecha Jueves, 04 abril a las 08:57:46
Tema PHP-Nuke


A empresa Ortegal Laboratory S.L., que dispón dunha nave duns 1.200 metros cadrados no polígono industrial da Trave, en Cedeira, xustifica o atraso na apertura por demóraa por parte do Concello na concesión da correspondente licenza. O portavoz do goberno local, o popular Luís Rubido, nega que a Administración local poña trabas para a entrada en funcionamento da fábrica de material de uso sanitario. «Fixeron unha variación e pedíuselles un modificado do proxecto en outubro ou novembro, pero non o entregaron ata pouco antes de Semana Santa. Agora remitiuse a Medio Ambiente (da Xunta de Galicia)», asegura, tras consultar o estado dos trámites co técnico municipal.

En todo caso, explicou Rubido, «non se poderán realizar as comprobaciones necesarias sobre o control de ruídos mentres non instalen toda a maquinaria na nave». Fontes da compañía indicaron que dos 11 traballadores contratados desde outubro do ano pasado, nove foron despedidos. «Díxoselles que se lles volverá a coller cando se poida abrir a planta. En ningún caso vaise a pechar». Tamén están á espera do cobro dun crédito a fondo perdido outorgado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), por unha cuantía superior aos 700.000 euros. Esta cifra sumaríase aos 1,8 millóns de euros do préstamo concedido polo Ministerio de Industria (dentro do Plan Ferrol). O investimento global ascende a 3,6 millóns.

O portavoz do PSOE, José Luís Vergara, lamentou «as dificultades de acceso ao financiamento, tanto bancaria como pública» que padecen moitas empresas. «Podería facer que se vaian ao traste proxectos como o de Ortegal Laboratory», alertó. Rubido subliñou que o Concello «acelerou todas as licenzas para empresas do polígono porque o máis importante agora é a creación de emprego».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2104