Concello de Cedeira - Enerxía
Fecha Domingo, 31 marzo a las 14:04:52
Tema PHP-Nuke


Manter a calidade do servizo e aforrar na factura eléctrica son os dous obxectivos que se propuxo o Concello de Cedeira á hora de levar á práctica o plan piloto de aforro energético no alumado público con implantación na vila. Con esta intención, a Concellería de Obras poñía en funcionamento os seus plans na parroquia de Montoxo, máis concretamente, no lugar de Cimadavila. Nesta zona, operarios municipais de Cedeira iniciaron a instalación de equipos regulables para o aforro de enerxía nas luminarias do alumado público.
Nun primeiro momento, analízanse as necesidades de intensidade lumínica -que varían fundamentalmente en función das horas de luz solar -e, a continuación, establécese o programa de funcionamento das luces fixando para iso un total de tres niveles: 100%, 75% e 50%. A potencia e fluxo irase reducindo nesas proporcións ao longo das horas e en función das necesidades.

Os equipos instalaranse nun total de 15 puntos de luz de vapor de sodio de alta presión HPS de 70 vatios de potencia en lámpada e, o custo da intervención, que se realiza con fondos propios, rolda os 3.000 euros.
Desde o Concello explícase que a elección da parroquia de Montoxo débese á necesidade de aproveitar recursos. Precisamente na zona, e dentro do plan municipal para eliminar enganches da rede pública a contadores particulares, operarios municipais executaban recentemente traballos desta natureza.
Agora, a intención do consistorio tamén pasa por concluír a instalación dos equipos de aforro energético e comprobar sobre o terreo o seu funcionamento, necesidades de mantemento e repercusiones na facturación eléctrica. Será o paso previo para a aplicación do sistema na rede pública.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2102