Xunta de Galicia - MAR
Fecha Miércoles, 27 marzo a las 12:04:54
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Medio Rural e do Mar publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) senllas Ordes polas que se establecen as bases reguladoras de axudas para a mellora a bordo dos buques pesqueiros e para mellorar a eficiencia enerxética dos seus equipamentos.

Investimentos en buques
A liña de financiamento destinada a investimentos en buques e selectividade ten unha contía total de 4 millóns de euros. A súa finalidade é a de contribuír á modernización da frota pesqueira galega mediante investimentos a bordo dos buques pesqueiros, sempre que estes investimentos poidan servir para mellorar a seguridade a bordo, as condicións de traballo, a hixiene, a calidade dos produtos, o rendemento enerxético e a selectividade.

Eficiencia Enerxética
As axudas á mellora da eficiencia enerxética en buques conta cun orzamento dun millón de euros e destínanse a investimentos que busquen optimizar a xeración de enerxía en relación a súa demanda, que promovan o aproveitamento da enerxía residual e aquelas que reduzan o consumo de combustible no buque. Ademais, serán subvencionables os investimentos realizados sobre o casco dun buque, sempre que diminúan a resistencia do seu avance.

Poderán optar a estas achegas os propietarios e/ou armadores de buques pesqueiros da 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques, tal e como especifica a orde do 31 de maio de 2010 que regula estas axudas. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir de mañá.


Link: Xunta de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2099