Concello de Cedeira - DOGA
Fecha Miércoles, 27 marzo a las 11:59:59
Tema PHP-Nuke


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se acorda a cesión en propiedade dunha embarcación á confraría de pescadores de Cedeira. Esta cesión prodúcese logo da petición do propio pósito.

A Lei do Patrimonio da Comunidade Autónoma Galega permite a cesión de bens mobles a entidades públicas ou sen ánimo de lucro para seren destinados a fins de utilidade pública ou interese social.

Neste caso acórdase a cesión desta embarcación, de 5,5 metros de eslora e 2,05 de manga, para realizar os labores de vixilancia no seu ámbito territorial e colaborar nas tarefas de salvamento marítimo e na loita contra a contaminación mariña.

A Orde recolle que estes medios deben ser destinados a fins de utilidade pública e interese social e de non facelo a embarcación reverterá á Comunidade Autónoma de Galicia.

Link: Xunta de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2098