Concello de Cedeira - Servizos Sociais
Fecha Miércoles, 27 marzo a las 11:34:20
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira animou aos maiores da vila a participar no programa “Benestar en Balnearios”. Para isto, tan só deben acudir ao Departamento Municipal de Servizos Sociais, ubicado na terceira pranta do centro socio-cultural. As traballadoras sociais encargaránse de tramitar toda a documentación necesaria para  formalizar a inscripción. O prazo permanecerá aberto ata o 12 de abril e o horario de atención ao público é de luns a venres, de 10 a 13 horas. O programa, que promove a Consellería de Benestar e Traballo da Xunta, ofrece estadías de dez días con tratamento termal, aloxamento, manutención e animación sociocultural. A través do mesmo, a Administración autonómica busca contribuír ao mantenemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns  días de tratamento termal, descanso, convivencia e maneiras de ocupar o tempo libre dun modo activo e positivo. Na convocatoria deste ano participan un total  de trece balnearios e a duración da estadía é de dez días e nove noites. Estadía a elixir entre os meses de xuño e outubro. Entre os requisitos establecidos para acceder ao programa, estipúlase que os beneficiarios deben ter 65 anos ou máis de 60 e reunir a condición de pensionista; residir na Comunidade galega; valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, precisar o tratamento termal e carecer de contraindicación regulamentaria, ou ter aceptado a praza e o pago do prezo estipulado no prazo marcado. Por último, sinalar que, coa subvención da Xunta, a persoa beneficiaria terá que abonar un importe que varía en función do balneario seleccionado. Custe que oscila entre os 316,64 e os 398,61 euros.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2097