Concello de Cedeira - TURISMO
Fecha Sábado, 23 marzo a las 17:49:15
Tema PHP-Nuke


Co fin de mellorar os servizos turísticos do municipio, o Concello de Cedeira proxecta habilitar un área para autocaravanas no paseo marítimo da Magdalena. A decisión nace do encontro que o alcalde, Leopoldo Rubido, mantivo recientemente cos responsables da Asociación Galega de Autocaravanas -AGA-, unha entidade formada por 360 familias asociadas. A administración local xa traballa na procura de financiamento externo vía subvención para levar a cabo o proxecto toda vez a tendencia ao alza que experimentou este tipo de turismo nos últimos anos, non só no que ao territorio nacional refírese, senón tamén na vila cedeiresa, sobre todo durante os períodos vacacionales de verán e Semana Santa. Segundo sinalan desde o Concello, aínda sen a axuda doutras administracións, a pretensión é habilitar a infraestructura con fondos propios.


A área de servizo contaría cun punto de baleirado de augas grises -as orixinadas pola ducha, o lavabo e o fregadero do vehículo-, para o baleirado de augas negras, unha toma de abastecemento, un punto de recolleita de lixo doméstico, a correspondente señalización e un panel de información turística. As previsións da administración local pasan por dispoñer destas novas instalacións de face ao período estival.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2096