Concello de Cedeira - ITV maquinaria agrícola
Fecha Miércoles, 06 marzo a las 18:05:26
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira informou de que a unidade móbil da ITV para maquinaria agrícola se desprazará este venres á vila para realizar as correspondentes revisións. Deste modo, permanecerá no polígono da Xunqueira, fronte á nave industrial de Náutica Cedeira en horario de mañá, de 9 a 13,30 horas. Así mesmo, a mesma  unidade regresará o luns, 11 de marzo, aínda que nesta ocasión tamén prestará os seus servizos en horario de tarde, de 15,15 a 18 horas. O Concello tamén  lembra que o martes, día 12, visitará a vila outra das unidades móbiles da ITV. Neste caso, para ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos ou motos e quads con máis de catro anos de antigüidade. Os propietarios destes últimos tipos de vehículos interesados en realizar as súas revisións poden solicitar cita previa na web www.sycitv.com ou nos teléfonos 902 309 000 e 881 920 487.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2094