Concello de Cedeira - Cea baile
Fecha Viernes, 01 marzo a las 10:53:14
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira organizará este mes unha cea baile para os maiores do municipio. Celebraráse o día 16 de marzo, a partires das 22 horas, nun céntrico  restaurante da vila. E, ademáis do menú disposto a base de entrantes, merluza en salsa, carne asada, postre e café, a cita contará coa actuación posterior do dúo Chilaba. Deste xeito, as persoas interesadas en participar na iniciativa poden anotarse chamando ao teléfono 650 779 862 ata que se cubran as prazas, limitadas polo aforo. Así mesmo, o precio é de 17 euros. A iniciativa nace tralo éxito de participación rexistrado na cea organizada polo Concello durante o Entroido, que congregou a un cento de maiores que, trala cita gastronómica, participaron da festa programada pola Concellería de Cultura no Parque do Sagrado Corazón, coa  orquestra D`Moda. Así mesmo, súmase a outro tipo de actividades promovidas pola Administración local para favorecer o ocio dos maiores e propiciar puntos de encontro entre o colectivo. Actividades como viaxes e excursións periódicas por toda a Comunidade galega coincidindo coa celebración dalgunha tradición local.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2090