Concello de Cedeira - Cultura
Fecha Miércoles, 27 febrero a las 13:09:20
Tema PHP-Nuke


O ciclo municipal de teatro afeccionado “Comediatrium” trae este sábado á vila de Cedeira a obra “As feas tamén se casan” a cargo do Grupo de Teatro da SCR A Pombiña. Como vén sendo habitual, a función dará comezo a partires das 20 horas no Auditorio Municipal de Cedeira, con entradas ao prezo de 2,5 euros. “As feas tamén se casan” é unha peza teatral escrita por Betty Couce e interpretada pola propia autora, Ramiro Fernández, Rosa Couce, Puri Mira, María Xosé Couce, Carlos Lombao, Pablo Lombao, Fernando Romero e Faustino López. A peza narra a historia das xemelgas Felisa e Marisa que, cando teñen 39 anos, descobren que para ser beneficiarias do testamento do seu pai teñen que cumplir unha condición: estar casadas o día que cumplan os 40. E, por iso, farán todo o posible para contraer matrimonio antes desa data.


© 2013 - Concello de Cedeira


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2089