Concello de Cedeira - Surf
Fecha Martes, 26 febrero a las 17:33:28
Tema PHP-Nuke









© 2013 - Concello de Cedeira


O Concello de Cedeira ofrecerá clases de surf durante os domingos do mes de marzo. Unha iniciativa que parte da Concellería de Deportes en colaboración coa  Escola de Surf Pantín Classic e que busca promover a práctica desta disciplina entre os veciños e veciñas da vila, especialmente entre os máis novos. Así, as  sesións levaránse a cabo os días 10, 17, 24 e 31 en horario de 11 a 13 horas. A participación é gratuíta e, para anotarse, as persoas interesadas deben dirixirse ao pavillón polideportivo. As prazas están limitadas a 20, cinco por xornada e, en caso de que a demanda exceda o cupo, asignaránse por sorteo. A única condición  para participar é saber nadar e ter dez ou máis anos. Por último, o Concello anima a veciños e veciñas a inscribirse nesta iniciativa.


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2088