Gelo do Moure
Por unha Galiza Independente.
Despois de moito reflexionar, cheguei á conclusión de que somolo único Pobo de España, que podemos acadar a Independecia, sen que a Madrid lle parece mal, e ó resto de España tampouco.
Ós Vascos non lle-la van a dar, porque son moi serios e competentes, e serían moi capaces de triunfa r coa industria que teñen.
Ós Cataláns menos,por que lles gustan moito os cartos, e coa corrupción que teñen os seus dirixentes, os Puyol e cía., en pouco tempo voltarían a pedir o ingreso en España, para dar outro sablazo.
A nós os Galegos, darannos a Independencia, por que nos teñen por parvos, só hai que ver ós fenómenos que lles mandamos para Madrid: O Franco, Fraga e o Mariano, e como nola teñen garda dende hai tempo, en canto falemos da Independencia van a aceptar de inmediato, só hai que insistirlles e lembrarlles que non temos industria, e tamén que aforrarán os cartos do AVE que queda por facer .
Pero a verdade e que van a alucinar moito con nós, xa teño todo pensado como ímos facer, para iso reflexionei tanto e xa teño dez propostas para facer.
1º _ Podemos estar un par de anos comendo do que temos: os polos e
ovos de Coren, os coellos de Cogal, as patacas da Limia, o peixe e o
marisco de Pescanova, os aceites Abril, os becerros de Santalla e da
Capelada, os peixes das piscifactorías, a mel de Lamelas, e non falemos
do leite ( que Deleite ), e por suposto ímos nacionalizar tódolos
Centros Comerciais e supermercados , pola roupa e o calzado non se hai
que preocupar, xa temos Inditex.
2º_ ¿ Banca Pública? ¡Por
suposto!,ahí i está NovaCaixagalicia con os seus centos de oficinas e
milleiros de empregados ( para que os imos perder con os listiños que
son).
3º_ Como tódolos Estados necesitan un exército, nós
tamén o ímos ter, e así matamos tres páxaros de un tiro, porque sei que
en canto vexan ós Españois, e ós Portugueses que nos vai de puta
nai, han de intentar tocarnos os ovos.
Con este exército
remataremos co paro xuvenil, meteremos nel a toda a xuventude galega (
por suposto con bos salarios ), para que non teñan reparo en entrar, ¿
Que vos parecen 4500 euros por soldado, como cobran agora os merdas dos
Deputados?.
Daremos traballo a tope a Navantia e ós outros
asteleiros,facendo barcos de guerra para que protexan as nosas Costas, e
lles cobren ós barcos extranxeiros( que serán todos, menos os nosos)
unha peaxe por pasar por diante da nosa Galiza, e como por eiquí pasan
todos ímonos forrar.
4º_ Aproveitaremos a Fábrica de Armas
da Coruña, ( que quere pechar o Goberno Español) para armar a este
exército, o cal se chamará, como non, Exército Semiroxo de Liberación
Nacional ¡, que será mandado polos antigos menbros, do Exército
Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe ( sempre que eles queiran ), por
aquilo de aforrar en mandos e uniformes.
5º_ Pero a xogada
máis xenial que temos para triunfar coa Independencia é esta : Como
somos xeográficamente un País pequerrecho, convertirémonos nun Paraiso
Fiscal, como son Andorra, Suíza, Linchenstein, Illas Caimán etc,etc…
Ofertaremos
un interés mais alto que todos eles, para que traigan os cartos para
eiquí, ¿ Que vos parece un 75% anual a prazo fixo? Para que piquen, e
logo despois facemos como fai a Banca Española coas Preferentes,
quedándonos cos cartos, e a mamar.
6º_ Se alguén está de
acordó con esta proposta para a Independecia Galega, que empece a xuntar
firmas, para que nos tomen en serio, e non pensen no resto de España
que somos todos como o de : “ Me echaron la droja en el Colacao”.
7º_
Hai que lembrar os viños que temos: Albariño, Ribeiro, Mencía, Ribeira
Sacra etc,etc.., que ben o ímos a pasar, xa me tarda ¡
8º_ Da propaganda ó Pobo non nos temos que preocupar, có anuncio de Gadis : ¡ Vivamos como Galegos! chéganos ben.
9º_
O horario de traballo neste Novo Estado será de 5 horas para todo Deus,
e as vacacións de dous meses por cada catro de traballo, isto coa ideia
de mante-lo pleno empleo.
10º_ Toda persoa que se opoña
ós intereses do Pobo Galego Ceibe, será expulsada para España, sempre
que este País os admita como “Refuxiados Políticos”, e non lles permita
dende alí, loitar contra a nosa Republica Galega, que así se chamará o
noso Estado.
Presento xá o novo Himno Galego que ímos ter, porque o de Pondal ,está caduco por falta de forza na letra e na música.
Novo Himno Galego
En pé, en pé,
en pé Galiza en pé,
que ímos derrotar
ás forzas do PP.
Esta victoria clara
fermosa e permanente,
Ímola a celebrar
con toda a nosa xente.
Faremos sardiñadas
con moitas churrascadas,
con viño do País
E boas empanadas.
Despois de tanta festa
daremos vacacións,
para que descanse o pobo
de tanta diversión.
Xa estando descansados
e coa mente clara,
seguiremos loitando
contra esa perrallada
faremos un país
tan xusto e tan decente,
que seremo-la envexa
da Europa decadente.
E para demostralo
con moita devoción
berraremos con forza
¡Viva a nosa Nación!