Concello de Cedeira - Deporte
Fecha Lunes, 25 febrero a las 17:30:29
Tema PHP-Nuke







© 2013 - La Voz de Galicia



A xogadora de bádminton, Josefa Pérez Pérez, foi elixida a mellor deportista de Cedeira do ano 2012. Recibiu o galardón de mans do alcalde en funcións, Alfredo Vilela, nun acto que se desenvolveu nun abarrotado auditorio municipal, onde na tarde de onte celebrouse a XII edición da Festa Do Deporte.

Josefa Pérez Pérez, do Bádminton Cedeira, foi subcampeona de España de veteranos na categoría C-1 e campioa nacional en mixtos.

Neste acto tamén se rendeu un caluroso homenaxe a Juan Antonio Rodríguez polo seu traballo polo remo durante moitos anos. Recibiu unha placa por parte dos representantes do Concello de Cedeira e tamén recibiu recoñecementos por parte de distintos presidentes de clubs e entidades deportivas de Cedeira por todo unha vida entregada ao deporte.

O exjugador do Deportivo Joan Capdevila enviou a Cedeira dúas camisetas asinadas. Unha do seu actual club, o Espanyol de Barcelona, e outra da selección española coa que se proclamou campión do Mundo.

Os premiados nas diferentes especialidades deportivas foron:


Remo: Equipo de veteranos de yolas do Club de Remo de Cedeira.

Fútbol: Ana Canosa e Marta Cheda, do Cedeira, impulsoras do fútbol feminino.

Kárate: Alejandro Prieto, do Kárate Cedeira.

Actividades cinegéticas: Fabián Barge Vilela, do Club Sociedade de Caza e Pesca de Cedeira-Cerdido.

Deportes adaptados: Sabela Gómez, do Club Polideportivo Apader.

Bádminton: Hilda Martínez e Josefa Pérez, do Bádminton Cedeira.

Natación: Equipo de competición do Natación Ferrol.

Fútbol Sala: Javier Arrivi, porteiro do Cidade de Narón.

Atletismo: José Anxo López Villar, do Egovarros de Viveiro.

Taekwondo: Categorías de base do Taekwondo de Cedeira.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2086