Concello de Cedeira - ITV Móbil
Fecha Miércoles, 20 febrero a las 17:11:56
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira informa de que os veciños propietarios de maquinaria agrícola e ciclomotores, motos ou quads xa poden solicitar cita previa para realizar as  revisións periódicas dos seus vehículos no propio municipio, a onde se desprazarán sendas unidades móbiles. No caso da maquinaria agrícola, as inspeccións  levaranse a cabo o venres, 8 de marzo, en horario de 9 a 13,30 horas e o luns, día 11, de 9 a 13,30 e de 15,15 a 18 horas. A unidade móbil de Inspección Técnica ubicaráse no polígono da Xunqueira, fronte á nave industrial de Náutica Cedeira. Así, as personas interesadas neste servizo, poden solicitar cita previa a  través do teléfono 881 920 978 ou ben a través da páxina web www.sycitv.com. Así mesmo, os interesados nas inspeccións de ciclomotores de dúas rodas e  máis de tres anos ou motos e quads con máis de catro anos de antigüidade poden solicitar cita previa no mesmo portal web e nos teléfonos 902 309 000 e 881  920 487. A unidade móbil desprazaráse a Cedeira o día 12 de marzo e permanecerá no entorno do punto limpo do polígono da Xunqueira en horario de 9 a 13,30 e de 15,15 a 18.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2082