Concello de Cedeira - Obras
Fecha Martes, 12 febrero a las 09:51:05
Tema PHP-Nuke


Quen circulen pola localidade de Cedeira non tardarán en atoparse con novos sinais, que advertirán da presenza de pasos elevados de peóns en varios puntos da localidade. O Concello solicitou á Xunta de Galicia unha subvención de 50.000 euros para instalar os denominados reductores de velocidade, co propósito de obrigar a baixar a marcha dos vehículos, dando prioridad aos peons e eliminando barreiras arquitectónicas.

Está previsto elevar o nivel dos pasos de cebra nas rúas que conflúen coas avenidas de Castelao, A Area e España: José Pascual López Cortón, Amor Fermoso, Pontes de García Rodríguez, Cerdido, San Sadurniño, Salinas, Río Veiga, Cuartel e avenida de España. Os novos pasos situaranse ao mesmo nivel das beirarrúas «para facilitar os desprazamentos de persoas con movilidad reducida», explican desde o Concello. E distinguiranse polas bandas brancas, duns 50 centímetros de ancho, que se pintarán sobre as rampas de acceso e saída, igual que na calzada, un metro antes de cada paso.

A axuda reclamada ao Goberno autonómico servirá, ademais, para renovar o pavimento das beirarrúas da rúa José Pascual López Cortón, «actualmente afundidas na parte central, onde a acumulación de auga provoca o desvío do tráfico peatonal ao vial», constatan fontes municipais. Substituirán as baldosas e o bordillo actuais para gañar pendente e evitar así que volva a anegarse.

Desde o goberno que preside o popular Leopoldo Rubido subliñan os beneficios que carrexan os pasos elevados de peatones, «pola súa capacidade para reducir o ruído e as emisións que producen os vehículos motorizados», posto que terán que minorar a velocidade. Ademais de reforzar a seguridade vial dos peatones e favorecer a accesibilidad para cruzar desde as beirarrúas, xa sexa nunha cadeira de rodas ou empuxando un carrito da compra ou de bebé.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2076