Plan de Inspección da Axencia de Protección da Legalidade Urban&ia
Fecha Lunes, 11 febrero a las 19:42:24
Tema PHP-Nuke


A Xunta de Galicia vén de aprobar o Plan de Inspección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de 2013, no que a actividade inspectora se priorizará naqueles concellos que estean adheridos á Axencia, nos municipios costeiros e nos que conten con espazos naturais.

O Consello Executivo da Axencia, reunido recentemente, vén de aprobar o plan de inspección, no que se sinala que as operacións de vixilancia e inspección se prestará especial atención a eses tres ámbitos. Neste documento tamén se fixa como actuacións prioritarias as necesarias para evitar o ilícito e para repor a legalidade vulnerada, tanto pola comisión de ilícitos urbanísticos nas zonas clasificadas como rústicas como na zona de servidume de costas.

Por outra banda, deberán desenvolverse con carácter prioritario e urxente as investigacións sobre as obras en execución, sen a correspondente licenza urbanística municipal ou sen a preceptiva autorización autonómica.

No caso de que estean pendentes de paralizarse ou incoarse varias obras en execución de carácter prioritario, se atenderán aos seguintes criterios:
- obras en execución situadas en municipios integrados na axencia
- obras en execución de maiores dimensións

Procedemento

Para a reparación daqueles casos que se consideren ilícitos pártese da tramitación e resolución de expedientes de reposición da legalidade, segundo a Lei 9/2002, e de expedientes sancionadores segundo a Lei de Costas do Estado.O plan establece a imposición de multas coercitivas para os casos de non cumprimento dunha orde de demolición cunha reiteración periódica de 3 meses ata lograr a execución por parte do obrigado.

Transcurrido un ano dende a data na que a resolución que ordena a demolición inicie a vía administrativa, ou se é o caso a vía contenciosa- administrativa, acordarase a execución subsidiaria pola Axencia con cargo ao suxeito obrigado.

Link: Xunta de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2075