Concello de Cedeira - Cea de Entroido para os maiores
Fecha Jueves, 07 febrero a las 18:11:45
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira prevé reunir a un centenar de maiores da vila este sábado na cea de Entroido que promove a propia Administración local. A maioría deles,  usuarios e usuarias do Centro Municipal da Terceira Idade, aínda que aberta a todo o colectivo de maiores. Así, as persoas interesadas en participar todavía poden facelo chamando ao teléfono 650 779 862. A cita dará comezo a partires das 22 horas, nun céntrico restaurante da vila, e o prezo do menú é de 13 euros.

Ao remate, os maiores poderán continuar coa celebración do Entroido no Parque do Sagrado Corazón, onde o Concello programou unha gran verbena coa actuación da orquestra D´Moda. Unha actuación que porá o broche de ouro á xornada, xa que pola tarde, a partires das 17,30 horas, as rúas de Cedeira acollerán o desfile  de disfraces con premios para os mellores. A cea que promove o Concello inclúese nun calendario de actividades pensado para os maiores e que contempla  excursións periódicas ou accións como ximnasia terapéutica, de mantenemento ou talleres de memoria. Estas últimas, no Centro Municipal da Terceira Idade.

Link. Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2074