INDECENTS - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 04 febrero a las 07:40:40
Tema PHP-Nuke


Un artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.


"Que indecencia, querense cargar a lei de dependencia! É o lema das pancartas das persoas con discapacidade que protestan polos novos recortes na tan xa denostada norma. E si, son indecentes os membros do Goberno do estado por aplicar unha nova poda de 200 millóns de euros nos orzamentos xerais deste 2013; baixando así a súa contribución a menos dun 15%, moi lonxe do 50% ao que obriga a propia lei.
Son indecentes os compoñentes dos grupos políticos da oposición por non defendela coa mesma vehemencia, forza e publicidade que outras causas.Son indecentes os integrantes da xerarquía eclesiástica e o seu teórico humanismo cristiano, por non sair á rúa a protestar como nas dúas pasadas lexislaturas. Son indecentes os participantes das redes de corruptos que rouban recursos para o benestar da comunidade. Indecentes, hipócritas complacentes que dirixen e controlan, aquí si, unha morte asistida."

© 2013 Diego R. Piñón - Diario de Ferrol


Link: DFONLine - Diego R. Piñón






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2069