Denuncia
Fecha Sábado, 02 febrero a las 17:39:26
Tema PHP-Nuke


O veciño de Cedeira A.P.F., marinero en paro e desde fai meses de baixa por enfermidade,presentou unha denuncia contra o patrón maior do pósito local por unha suposta agresión e danos na furgoneta. Segun consta na dilixencia policial, ao denunciante botárono da lonxa " porque din que saíu unha nova lei " que prohibe acceder ás instalacións a toda persoa allea. Ante isto dirixiuse á cofradía de pescadores.

O patrón maior non se achaba nas dependencias e acabaron atopándose na rúa Do Mariñeiro. " Paramos os vehículos, el baixouse do coche e preguntoume que facía no pósito si non era socio, e na lonxa, onde non podía ir, ao non estar en activo".

Ao que P.F. respondeu "o que tes que facer é repartir as cestas de Nadal, que fai anos que non se reparten". Ante este comentario e de acordo co relato do denunciante, o responsable do pósito " meteu medio corpo " na sua furgoneta e agarrouno pola peiteira. " Collín a metade dun remo que levaba e intentei separalo, pero quitoumo e pegoume con el no cóbado, non me deu na cabeza porque me cubrín. Co remo deu uns golpes no marco da porta".

Preguntado por este asunto, o patrón maior limitouse a manifestar: " Non teño nada que dicir, xa se arranxará no xulgado. Non lle fixen absolutamente nada".

Si admitiu a existencia dunha norma que impide entrar na lonja a persoas alleas. O denunciante foi atendido por unha lesión no cóbado e cifra a reparación do coche en 200 euros.

Link: VONPaper






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2068